A bahía da Kontxa foi onte o escenario da segunda final da súa histórica bandeira. Cun tempo soleado, pouco vento e unha onda moi longa as tripulacións dispuxéronse a saír ao mar ante un publico case inexistente por mor das restricións da COVID.
O noso equipo saíu na primeira quenda masculina con Zarautz, Donostiarra e Bermeo como rivais. Tras marcar a Donostiarra o mellor crono na ciavoga de metade de regata, os de Bermeo impuxéronse a eles pouco despois de saír, mentres que a nosa tripulación seguíu o pelotón con Zarautz descolgada. A embarcación de Bermeo marcou un tempo de 19.52, seis mellor ca Donostiarra e oito mellor ca nós, rematando terceiros de quenda. Porén, na segunda quenda, a embarcación de Hondarribia mostrou un dominio imparable como na primeira xornada, posicionandose outra vez no mais alto do podio e levando a bandeira. A nosa embarcación finalizou sétima a pouco máis de vinte segundos da cabeza, sendo este o mesmo posto do cómputo xeral.
No sector feminino, a pesar dunha moi boa saída da Donostiarra, Orio foi quen de coller a cabeza de novo e volver a impoñerse ao resto de equipos, gañando a bandeira.
Próximas competicións
A ACT ten esta fin de semana a súa clausura por este ano en Bermeo e Portugalete, como xa é tradición. Alí estarán non só o noso equipo ACT se non tamén a nosa embarcación feminina que estará pelexando polo ascenso á Liga Euskotren, sendo elas a única representación galega do play-off.